luns, 3 de xuño de 2019

problemas nas costas galegas

 PROBLEMAS NAS COSTAS GALEGAS

HOPITALIZADO O CAMPIÓN DE WIND SURF GALEGO NO HOSPITAL DE SANTIAGO


CAMPIÓN GALEGO DE WIND SURF. IMAXE DE PIXABAY
 Sara Dieste Rivas, A Pobra do Caramiñal 03062019 21:42
 O suceso comezou o día 26 de maio de 2019 no campionato máis importante de Wind Surf, na praia de Corrubedo. O día estaba moi tranquilo ata chegadas as 6 da tarde, cando o tempo púxose inestable, facendo que os organizadores quixeran deixar o campionato para outro día.

Fernando Segura Martínez é o campión por terceira vez consecutiva do campionato galego máis coñecido. Este home ten só 23 anos e cumpre con todos os requisitos para converterse no campión mundial deste deporte.

O campionato estaba posto para o día 26 de maio, cando o tempo comezou a poñerse malo, os organizadores propuxeron a idea de cambiar o día. Os participantes aseguraron que non pasaría nada e que ademais, se tiñan complicacións sairían da auga o máis rápido posible. Cousa que se complicou debido ó accidente do campión.

As costas galegas son coñecidas pola tranquilidade e a felicidade que transmiten, pero cando o tempo cambia, pode converter as costas nun lugar perigoso onde a dificultade para dar unha camiñada pode complicarse.

 O noso deportista entrou nas augas galegas con moita seguridade, ata que comezaron a formarse unhas olas cada vez máis grandes e cunha maior dificultade de controlar. Todo ía bastante ben ata que chegou á quinta ola, onde perdeu o equilibrio e o control da tabla, caendo ao mar revolto. Coas olas, a acción para saír a respirar fíxose imposible de realizar. Nese mesmo momento, cando os servizos sanitarios se percataron, saíron a toda presa ao mar. Chegaron xunto el no último momento de oportunidade que tiñan para salvalo.

Foi hospitalizado dúas horas despois no hospital de Santiago, agora intenta recuperar forzas para volver a pór todo o seu esforzo na súa vida.

O doctor que atendeu ao campión no hospital chámase Xosé Antonio Domínguez Fernández, explicou que a saúde de Fernando xa non corre perigo.
A señora Marta García Outeiral estaba presente cando ocurriu o suceso, dixo que foi un acontecemento que podía pasar e que ademais, ela tampouco estaba a favor de facer o campionato ese día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario