martes, 4 de xuño de 2019

O deporte non ten límites

FOTO DE PIXABAY
Marisa Giráldez Rodríguez ten 71 anos, ela posúe a forza e a vitalidade dunha persoa nova. Despois de practicar moitos deportes, converteuse en adestradora de bádminton. Esta é unha disciplina que veu na comunidade e que tivo a Vigo como porta a nivel estatal.
Para as campañas publicitarias do deporte, Marisa é un rostro ideal.
A Marisa o deporte non lle afecta dunha forma negativa, todo o oposto, a ela gústalle practicar deporte e sempre di que axuda a relaxarse. Cada día adestra ao seu clube no pavillón do IES San Paio.
Ela comezou co baloncesto, pasando tamén polo balonmán, bádminton e dende aí ao tenis. Tamén practicou golf, sen contar que foi mestra de educación física.

Ningún comentario:

Publicar un comentario