sábado, 8 de xuño de 2019

Carmela Cardama

FOTO DE PIXABAY


Carmela Cardama fixo historia no atletismo universitario dos Estados Unidos en Austin.
A viguesa foi a primeira galega en quedar entre as tres primeiras na final da NCCA, e a segunda española. A galega marcou 33m 11s 56c na liña de meta.
 Carmela defendía os colores da universidade de Oregón, facendo unha última volta espectacular. Comezou sen presas, pero acabou collendo o ritmo que axudou á viguesa a poñerse na segunda marca, para despois remontar nos 40 metros que levaba a súa rival.
Para estar preparada para pasar moito calor, Carmela habilitou unha sala cunha cinta de correr, e unha temperatura alta.


martes, 4 de xuño de 2019

Torneo de pádel

FOTO DE PIXABAY
La voz de Galicia organiza a sexta edición do torneo de pádel que comeza este luns nas instalacións do CSC, en Matogrande, cos 30 partidos que se xogan durante a xornada inaugural.
O trofeo, no que participan 384 parellas, comezou o luns en A Coruña cun encontro de terceira, ás catro da tarde.
A competición remata o 16 de xuño, coa participación de referentes do pádel nacional como Vane Alonso e Fernando Aldao e case 800 xogadores que se reparten en oito categorías diferentes.

O deporte non ten límites

FOTO DE PIXABAY
Marisa Giráldez Rodríguez ten 71 anos, ela posúe a forza e a vitalidade dunha persoa nova. Despois de practicar moitos deportes, converteuse en adestradora de bádminton. Esta é unha disciplina que veu na comunidade e que tivo a Vigo como porta a nivel estatal.
Para as campañas publicitarias do deporte, Marisa é un rostro ideal.
A Marisa o deporte non lle afecta dunha forma negativa, todo o oposto, a ela gústalle practicar deporte e sempre di que axuda a relaxarse. Cada día adestra ao seu clube no pavillón do IES San Paio.
Ela comezou co baloncesto, pasando tamén polo balonmán, bádminton e dende aí ao tenis. Tamén practicou golf, sen contar que foi mestra de educación física.

luns, 3 de xuño de 2019

problemas nas costas galegas

 PROBLEMAS NAS COSTAS GALEGAS

HOPITALIZADO O CAMPIÓN DE WIND SURF GALEGO NO HOSPITAL DE SANTIAGO


CAMPIÓN GALEGO DE WIND SURF. IMAXE DE PIXABAY
 Sara Dieste Rivas, A Pobra do Caramiñal 03062019 21:42
 O suceso comezou o día 26 de maio de 2019 no campionato máis importante de Wind Surf, na praia de Corrubedo. O día estaba moi tranquilo ata chegadas as 6 da tarde, cando o tempo púxose inestable, facendo que os organizadores quixeran deixar o campionato para outro día.

Fernando Segura Martínez é o campión por terceira vez consecutiva do campionato galego máis coñecido. Este home ten só 23 anos e cumpre con todos os requisitos para converterse no campión mundial deste deporte.

O campionato estaba posto para o día 26 de maio, cando o tempo comezou a poñerse malo, os organizadores propuxeron a idea de cambiar o día. Os participantes aseguraron que non pasaría nada e que ademais, se tiñan complicacións sairían da auga o máis rápido posible. Cousa que se complicou debido ó accidente do campión.

As costas galegas son coñecidas pola tranquilidade e a felicidade que transmiten, pero cando o tempo cambia, pode converter as costas nun lugar perigoso onde a dificultade para dar unha camiñada pode complicarse.

 O noso deportista entrou nas augas galegas con moita seguridade, ata que comezaron a formarse unhas olas cada vez máis grandes e cunha maior dificultade de controlar. Todo ía bastante ben ata que chegou á quinta ola, onde perdeu o equilibrio e o control da tabla, caendo ao mar revolto. Coas olas, a acción para saír a respirar fíxose imposible de realizar. Nese mesmo momento, cando os servizos sanitarios se percataron, saíron a toda presa ao mar. Chegaron xunto el no último momento de oportunidade que tiñan para salvalo.

Foi hospitalizado dúas horas despois no hospital de Santiago, agora intenta recuperar forzas para volver a pór todo o seu esforzo na súa vida.

O doctor que atendeu ao campión no hospital chámase Xosé Antonio Domínguez Fernández, explicou que a saúde de Fernando xa non corre perigo.
A señora Marta García Outeiral estaba presente cando ocurriu o suceso, dixo que foi un acontecemento que podía pasar e que ademais, ela tampouco estaba a favor de facer o campionato ese día.