martes, 26 de marzo de 2019

Celta de Vigo

Foto de Pixabay


 O Celta de Vigo

Nos 10 partidos restantes o Celta de Vigo necesita sumar o máximo de puntos para non descender a segunda división, despois dunha temporada irregular. O equipo necesitaría facer de Balaídos un fortín para sacar o máximo de puntos no seu campo e así recortar puntos cos equipos que van diante del, tal como fixo noutras temporadas anteriores.

Noticia da semana 1: Lazos amarelos


 Ola xente! Hoxe vou falar sobre unha das noticias que me pareceron máis importantes da semana pasada.
Foto de Pixabay

Noticia:

A nave secreta con 10 millóns de lazos amarelos.

Fontes de información:

 A nave secreta con 10 millóns de lazos amarelos en El mundo 
 Make me feed

Resumo da noticia:

Nunha provincia de Barcelona encontráronse 10 millóns de lazos amarelos que os ``quita-lazos´´ quitaban dos edificios e das fachadas. Agora en Cataluña hai 30 brigadas de limpeza, algunhas con máis de 600 persoas de todas as idades.

Opinión crítica:

Na miña opinión, creo que os quita-lazos intentaban quitar o máximo de lazos amarelos posibles, e facían isto para dar a entender dunha forma que iso non estaba ben. Porque os independentistas os discriminan por non querer a independencia de Cataluña.

venres, 22 de marzo de 2019

Ana Peleteiro


Foto de Pixabay

Ana Peleteiro convertiuse, o domingo tres de marzo, en campiona de Europa de triple salto e cun récord de España. Unha marca de primeiro nivel mundial con 14,73 metros.
Esta deportista fixo moitos esforzos que tiveron resultados. Con só 16 anos convertiuse en campiona do mundo nunha categoría máis pequena cun salto de 14,17 metros.

xoves, 21 de marzo de 2019

A miña primeira entrada

Ola mundo!
foto de Pixabay

Nesta páxina gustaríame falar sobre os deportes e algúns deportistas, clubes e campionatos que teñan relación con Galicia. Tamén falarei sobre clubes de fora ou campionatos españois, pero a maioría serán galegos.